Vereinstaler

Vereinstaler de 1866 do Principado de Lippe

O vereinstaler (en galego: "tálero da unión"), creado en 1857, foi unha moeda padrón de prata usada na maior parte dos Estados Alemáns e no Imperio Austríaco nos anos anteriores á Unificación Alemá. Trátase do derradeiro tipo de tálero alemán e contiña 16,667 gramos de prata fina.[1][2][3][4]

  1. "Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  2. "Vereinsmünzen". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  3. "Vereinsthaler". En Farlex Financial Dictionary. (2009).
  4. "Tratado de Viena do 24 de xaneiro de 1857" (tradución ao inglés do texto íntegro). En Journal of Political Economy. Vol. 4. Nº 2. 1896.Páxinas 270-279.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search